Xornada Gastronómica no Centro Superior de Hostelería de Galicia

O xoves 18 de novembro realizouse unha actividade de gran interese, a xornada gastronómica no Centro Superior de Hostelería de Galicia.

O programa comezou ás 17:00 cunha recepción. A partir de aquí realizouse unha cata de chocolate, a elaboración dun menú, a elaboración de Coctelería, Mixología e Maridaxe e finalmente un servizo de degustación da cea, rematando así ás 22:00.

En total asistiron 20 participantes, sendo éste o límite de aforo do centro.

Agradecemos moito ao Centro Superior de Hostelería de Galicia por posibilitar esta actividade, e agradecemos aos socios e socias que participaron nesta xornada.