Reunión co Reitor e a Presidenta do Consello Social

O 8 de outubro reuníronse o reitor, Antonio López, a presidenta do Consello Social, Cecilia Sierra e a presidenta de Alumni USC, Benita Silva, nunha xuntanza de cortesía para intercambiar opinións sobre o convenio asinado fai uns meses e reafirmarse no seu propósito de colaboración entre ambas entidades....

Ler máis

9ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 26 de setembro, o Club de sendeirismo retomou o Camiño de Inverno, co percorrido da etapa Monforte-Fontela (San Lourenzo de Fión). Saíron de Monforte, andaron polas terras de Pantón e remataron no Saviñao. Foron 16 quilómetros camiñando por sitios e lugares entrañables na toponimia galaica: A Vide, Moreda, A Broza, Piñeiro e...

Ler máis

Contemplación do ceo nocturno desde a Illa de Sálvora

O sábado 12 de setembro un nutrido grupo de socias e socios embarcou no porto de O Grove cara a illa de Sálvora para realizar unha actividade espectacular. Comezou cunha andaina ata o faro para contemplar o solpor mentres una guía contaba a historia da illa e anécdotas, como o heroico comportamento das mulleres...

Ler máis

8ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 18 de xullo de 2020, o Club de sendeirismo proseguiu o Camiño de Inverno co percorrido da oitava etapa. Un total de 13 km desde Pobra de Brollón ata Monforte de Lemos. A andaina completouse coa visita cultural á exposición fotográfica de Alumni USC “Camiño de Inverno: de Ponferrada a Compostela” na...

Ler máis

“O mecenado na investigación universitaria”

O mércores 1 de xullo de 2020, Alumni USC organizou, coa colaboración da Asociación Empresarial do Tambre e da Universidade de Santiago de Compostela, unha mesa redonda intitulada “O mecenado na investigación universitaria”. O evento, moderado por Manuel Fraga Carou, vogal de Alumni USC, celebrouse de forma presencial nas instalacións da Asociación de Empresarios...

Ler máis

Retomamos as actividades cun recordo para os que nos deixaron

Agora que comeza a “nova normalidade” imos reiniciar as nosas actividades: unha nova etapa do Camiño de Inverno, a reapertura da exposición fotográfica deste proxecto, a mesa redonda “O mecenado na investigación universitaria” e pronto celebraremos a Asemblea xeral ordinaria. Isto supón unha gran satisfacción para nós, pero a alegría queda ensombrecida polo recordo dos...

Ler máis

6ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 7 de marzo de 2020, o Club de sendeirismo percorreu a sexta etapa do Camiño de Inverno. Un total de 19 kms, desde Alvaredos ata Quiroga. Durante o percorrido, realizaron dúas visitas: pola mañá, ao muíño de aceite de Bendilló e, pola tarde, ao Museo Etnográfico Municipal de Quiroga....

Ler máis

Conferencia de Jesús A. López Romalde

O 19 de febreiro de 2020 Jesús López Romalde, catedrático de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC e vogal de Alumni USC, impartiu a conferencia intitulada “Bacterias, microbioma e saúde” na Aula Magna da Facultade de Bioloxía. Benita Silva, presidenta de Alumni USC, presentou o conferenciante. Ao finalizar a conferencia, deuse un animado coloquio entre...

Ler máis

5ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 15 de febreiro de 2020, o Club de sendeirismo percorreu a quinta etapa do Camiño de Inverno. Un total de 18 kms, entre O Barco de Valdeorras e Albaredos (Quiroga), cos que deixou atrás a provincia de Ourense e se adentrou en Lugo....

Ler máis

Visita a Inditex

O venres 7 de febreiro de 2020 un grupo de socias e socios visitou as instalacións de Zara que o grupo Inditex posúe en Arteixo (A Coruña). Durante dúas horas e acompañados pola responsable de Relacións Institucionais, Carmen Escribano, o grupo percorreu as oficinas de deseño, de Zara Man, de Zara on-line, asistiu a...

Ler máis