Ramón Villares reivindica a figura universitaria e ética de Otero Pedrayo

A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela acolleu o pasado luns 4 de maio a conferencia «Ramón Otero Pedrayo, universitario», impartida polo historiador e intelectual Ramón Villares, nun acto promovido por Alumni USC dentro das actividades de homenaxe ao legado de Ramón Otero Pedrayo. A xornada contou coa participación...

Ler máis

Alta participación na 6.ª etapa do Camiño do Taverneiro

A 6.ª etapa do Camiño do Taverneiro, organizada por sendeiristas Alumni, reuniu o pasado sábado 25 de abril a 39 participantes nun percorrido de 12,5 quilómetros marcado pola natureza, o patrimonio e a convivencia. A xornada comezou cun tramo por estrada en dirección a Os Castros, pasando polas aldeas de Bugarín e Vilarchán, onde...

Ler máis

Entre montes e camiños: así foi a cuarta etapa do Xiro Grande

A cuarta etapa do Xiro Grande a Santiago reuniu a 36 sendeiristas, que a completaron con entusiasmo nun percorrido de 11 quilómetros entre a Carballeira de Nemenzo e a Peregrina, deixando momentos de compañeirismo e contacto coa natureza. A xornada comezou internándose no monte por sendeiros agradables, aínda que con pouca sinalización nos primeiros...

Ler máis

Fronte ao espello: falar para non calar

O pasado xoves, a nosa Asociación acolleu a Alicia Orriols e á psicóloga Carmen Pomar para abordar, baixo o título Fronte ao espello, o tema do suicidio. Os pensamentos máis incómodos e as verdades que máis doen adoitan esquivarse. Porén, a dificultade xeral para falar deste asunto pode resultar perigosa: pode facer que quen...

Ler máis

O club de sendeirismo remata a 5.ª etapa do Camiño do Taverneiro

Esta etapa do Taverneiro, que une Carballedo con Serrapio, presenta un percorrido cheo de contrastes paisaxísticos e elementos de grande interese cultural, combinando tramos esixentes con outros de especial beleza. Serrapio localízase no val do Lérez, moi preto da ponte medieval de Pedre, no que na actualidade é o concello de Cerdedo-Cotobade. Neste lugar...

Ler máis

Elisa e Jimena Fernández de la Vega: universitarias e científicas pioneras

O Instituto Cervantes acolleu un encontro dedicado ás irmás Elisa e Jimena Fernández de la Vega, pioneiras da medicina española, no marco da décima edición do programa «Máis de 100 mulleres por descubrir», impulsado polo Círculo de Orellana en colaboración con Alumni USC. Nacidas en Vegadeo en 1895, Elisa e Jimena Fernández de la...

Ler máis

Nova saída dos sendeiristas, Cesar-Nemenzo: Xiro de Compostela

Preto do centro urbano de Santiago, o Xiro de Compostela ofrece non só unha vista privilexiada desde a cima dos seus montes, senón tamén o acceso á historia que aínda se conserva nos arredores e á natureza que os rodea. Pouco a pouco, o club de sendeirismo vai cumprindo o seu obxectivo de percorrer...

Ler máis

Conferencia na Facultade de Dereito sobre o Réxime Económico do Matrimonio

Nun ambiente próximo e participativo celebrouse unha charla titulada “Réxime económico no matrimonio: unha posible modificación”, impartida polo doutor en Dereito e membro da Academia Española de Jurisprudencia y Legislación, Xesús Palmou Lorenzo. A actividade foi presentada pola nosa vicepresidenta, Luisa Rivas García, tamén avogada. Durante a conferencia abordáronse de maneira clara e accesible...

Ler máis

Nova etapa do Camiño do Taverneiro: Ponte Caldelas-Carballedo

O noso grupo de sendeiristas rematou outra etapa máis do Camiño do Taverneiro entre Ponte Caldelas e Carballedo. Aínda que o terreo non estaba nas mellores condicións debido á climatoloxía adversa desta última tempada, e malia que a ruta ten tramos de dificultade media, conseguiron superar satisfactoriamente esta IV etapa de 14,5 km. Aproveitando...

Ler máis

Conferencia na Facultade de Dereito sobre o réxime económico do matrimonio e a súa posible modificación

A Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 12 de marzo, ás 19:00 horas, unha conferencia titulada «O réxime económico do matrimonio, unha posible modificación». A sesión estará impartida polo doutor en Dereito e exconselleiro da Xunta de Galicia, Xesús Palmou Lorenzo, quen ofrecerá unha intervención de carácter introdutorio...

Ler máis