Encontro de intelixencia emocional, EnMente 5

Os días 20, 21, 22 e 24 de outubro, tivo lugar a celebración anual de EnMente: o V Encontro de Intelixencia Emocional promovido por Alumni USC e que contou co apoio do Consello Social da USC e co Instituto de Ciencias da Educación da USC. Un ano máis, concluímos con éxito o encontro que,...

Ler máis

Reunión co Reitor e a Presidenta do Consello Social

O 8 de outubro reuníronse o reitor, Antonio López, a presidenta do Consello Social, Cecilia Sierra e a presidenta de Alumni USC, Benita Silva, nunha xuntanza de cortesía para intercambiar opinións sobre o convenio asinado fai uns meses e reafirmarse no seu propósito de colaboración entre ambas entidades....

Ler máis

9ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 26 de setembro, o Club de sendeirismo retomou o Camiño de Inverno, co percorrido da etapa Monforte-Fontela (San Lourenzo de Fión). Saíron de Monforte, andaron polas terras de Pantón e remataron no Saviñao. Foron 16 quilómetros camiñando por sitios e lugares entrañables na toponimia galaica: A Vide, Moreda, A Broza, Piñeiro e...

Ler máis

Contemplación do ceo nocturno desde a Illa de Sálvora

O sábado 12 de setembro un nutrido grupo de socias e socios embarcou no porto de O Grove cara a illa de Sálvora para realizar unha actividade espectacular. Comezou cunha andaina ata o faro para contemplar o solpor mentres una guía contaba a historia da illa e anécdotas, como o heroico comportamento das mulleres...

Ler máis

8ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 18 de xullo de 2020, o Club de sendeirismo proseguiu o Camiño de Inverno co percorrido da oitava etapa. Un total de 13 km desde Pobra de Brollón ata Monforte de Lemos. A andaina completouse coa visita cultural á exposición fotográfica de Alumni USC “Camiño de Inverno: de Ponferrada a Compostela” na...

Ler máis

“O mecenado na investigación universitaria”

O mércores 1 de xullo de 2020, Alumni USC organizou, coa colaboración da Asociación Empresarial do Tambre e da Universidade de Santiago de Compostela, unha mesa redonda intitulada “O mecenado na investigación universitaria”. O evento, moderado por Manuel Fraga Carou, vogal de Alumni USC, celebrouse de forma presencial nas instalacións da Asociación de Empresarios...

Ler máis

7ª etapa do Camiño de Inverno

O sábado 27 de xuño de 2020, o Club de sendeirismo retomou o Camiño de Inverno co percorrido da sétima etapa. Un total de de 16 km, desde Quiroga ata Barxa de Lor. A andaina complementouse coa visita cultural das Covas do Medo, situadas en Margaride de Lor....

Ler máis

Visita á Domus do Mitreo en Lugo

O 10 de decembro de 2019, un grupo de socios, acompañados por Carlos Herrero Latorre (vicepresidente de Alumni USC), participaron da primeira actividade cultural do Campus de Lugo no curso académico 2019-2020: unha charla de Celso Rodríguez Cao, responsable da excavación arqueolóxica da Domus do Mitreo. A charla complementouse coa visita á Domus, na...

Ler máis

Presenza de Alumni USC no II Congreso Multidisciplinar en Nutrición

O 22 de novembro de 2019, Carlos Herrero, coordinador de Alumni USC na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, estivo presente no II Congreso Multidisciplinar en Nutrición, enmarcado no Máster impartido nesa facultade. Na mesa de apertura e peche do II Congreso interviron a presidenta de Adinu Galicia, Sheila Castiñeira; o coordinador do...

Ler máis

Visita á empresa Mega (Mundo Estrella Galicia)

O 20 de novembro de 2019, un grupo de estudantes da Facultade de Administración e Dirección de empresas do Campus de Lugo, acompañados por Ángeles López Cabarcos (coordinadora de Alumni USC e profesora nesa facultade), visitou as instalacións da empresa MEGA, Mundo Estrella Galicia (situado en A Coruña)....

Ler máis